viernes, 28 de noviembre de 2014

III.- CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE CASTRO VERDE_VAL DO RÍO TÓRDEA

CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DO CONCELLO   DE CASTROVERDE (III)

                    








Localización
  Estes  petos están situados na parede do adro da igrexa de Uriz.
Coordenadas UTM: X: 635.4591.49/ Y: 4.759.610.85 
Descrición.
    O da esquerda consta de dous corpos: o primeiro formado por dous piares unidos por un arco carpanel apainelado y deprimido, que sostén unha cornisa granítica. No seu interior non hai ningunha imaxe, conservando únicamente a reixa.

    O da dereita, aberto por ámbas as dúas partes, está formado por dúas columnas de cantería unidas por un arco escarzano, que se prolonga de cara ao interior xuntamente coas estruturas de cantería, que reforzan ás columnas de ámblos dous lados.

2.2.- PEQUENA CRUZ PARROQUIA DE CELLÁN DE MOSTEIRO
         (SAN PEDRO)



Localización
   Coordenadas UTM: X: 636.716.26, Y: 4.761.167.33
Descrición                                                    

  Pequena cruz latina, situada encima do dintel do adro da igrexa.


2.3.- CRUCEIROS, CRUCES E PETO DE ÁNIMAS PARROQUIA DE A
         PUMAREGA (SANTA MARIÑA)
2.3.1.- Peto de ánimas e cruces 




Localización
  Peto de ánimas e pequenas cruces latinas situados no muro da entrada ao adro da igrexa e cemiterio de A Pumarega. Todos a carón da estrada (CP 12-01)
   Coordenadas UTM: X: 637.061.76/ Y: 4.760.676.12 
Descrición.
    Trátase dun pequeno corpo poliedrico rectangular, que posúe unha pequena cuberta a dúas augas. No seu interior non hai ninguna imaxe, conservando só a reixa..

     Ao seu carón, no muro de separación do adro do exterior, hai dúas cruces pequenas, latinas, que se apoian sobre bases paralelepípedas, que amosan algunhas irregularidades.

2.3.2.- Cruceiros
2.3.2.1. Cruceiro 1



Localización
   Cruceiro este, xunto cos outros dous, situados ao pé da estrada (CP 12-01) que, comunica o Empalme (Estrada Lugo – A Fonsagrada) con Sobrado, na marxe esquerda despois da igrexa de A Pumarega e separados entre si, a poucos metros, uns dos outros.
Coordenadas UTM: X: 637. 070.95 , Y: 4.760.643.44
Descrición

      Sobre unha base paralelepípeda, o fuste de sección cuadrangular sobre o que se ergue un capitel  que amosa un ábaco, un filete e un colariño. Cruz latina co eixo transversal máis longo que o vertical de sección oitavada.

2.3.2.2. Cruceiro 2


Localización
   Coordenadas UTM: X: 637.074.38 , Y: 4.760.592.29
Descrición

   Da base,  de forma paralelepípeda cos bordos (arestas) superiores redondeados. Fuste rematado no extremo superior en forma cadrada, Fuste de estrutura prismática cuadrangular sobre o que se ergue un capitel, que mostra un ábaco, un filete e un colariño. Remata nunha cruz de sección oitavada.
2.3.2.3. Cruceiro 3


Localización
  Coordenadas UTM: X: 637.091.48 , Y: 4.760.546.63
Descrición

     Sobre unha plataforma, que amosa un chanzo de estrutura paralelepípeda irregular, erguese unha base de dous tramos: o inferior paralelepípedo e o superior troncopiramidal. Sobre a base levantase un fuste biselado no extremo inferior, que é o qe conserva. Carece de capitel e cruz.

2.3.2.4. Cruceiro do Feirobal



Localización
  Cruceiro situado dentro da finca da casa do Feirobal.
Coordenadas UTM: X: 637.176.03 , Y: 4.760.803.53
Descrición

   Sobre unha estrutura irregular de cemento, érguese unha base con dous tramos: o inferior de estrutura paralelepípeda e o superior cunha moldura en nacela invertida. Logo, o fuste de sección cuadrangular no extremo inferior e oitavado no resto. O capitel amosa un ábaco sobre unha estrutura paralelepípeda, que presenta unhas acanaladuras de forma triangular no tramo central. A cruz mostra unha sección cuadrangular nos seus extremos e oitavada no resto. Os extremos externos da cruz son potenzados. 

2.4.- CRUCEIROS PARROQUIA DE BARREIROS (SAN COSME)
         (Limítrofe coa Pumarega)

2.4.1. Cruceiro camiño do Camiño dos Arrieiros 1

                           
Localización
  Situado ao pé do camiño entre o Albardeiro e O Feirobal – A Pumarega e antes do Cruce da Queimadiña.
Coordenadas UTM: X: 638.305.72, Y: 4.761.702.62
Descrición

        Plataforma dun chanzo medio soterrada que sustenta a unha base. Sobre esta levántase un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto e sobre el levántase un capitel de moldurado. Amosa un ábaco sobre unha pequena moldura en caveto. cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e biselada no resto. Os extremos da cruz amosan forma florenzada.

2.4.2. Cruceiro do cruce de A Queimadiña ao pé do Camiño dos Arrieiros 2


2.4.2. Cruceiro do cruce de A Queimadiña ao pé do Camiño dos Arrieiros 2
                                             
Localización
   No cruce de camiños entre o Albardeiro e O Feirobal – A Pumarega e San Cosme de Barreiros e Marrondo, perto do lugar chamado A Queimadiña.
Coordenadas UTM: X: 638.110.24, Y: 4.761.612.47
Descrición
    Plataforma de dous chanzos, un deles,  medio soterrado que sustenta a unha base paralelepípeda con algunhas acanaladuras externas. Sobre esta se levanta un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Logo, nesta orde ascendente, hai un capitel de forma troncopiramidal invertido; e, como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os seus remates son florenzados.
Inscrición
Sabemos que ten inscricións no eixo vertical e horizontal da cruz, mais de imposible lectura, só percivimos no eixo horizontal dereito a data de 1900?
Conclusións
Parece claro que estes cruceiros da Pumarega, xunto coas cruces da entrada á igrexa que hai sobre o muro do adro e, o cruceiro do Feirobal puidesen ter formado, todos eles, parte dun antigo Viacrucis.

Todos eles gardan certas semellanzas na cosntrución, aínda que todos diferentes.

2.5.- CRUCEIRO DE PEREIRAMÁ (SAN XULIÁN)



Localización
Cruceiro situado a carón da igrexa no cruce de camiños:
Coordenada X: 635.778.12 m.
Coordenada Y: 4.762.758.72 m.
Descrición

    Plataforma de tres chanzos, mal conservados y deteriorados. Unha base paralelepípeda cun nivel superior máis amplo que o resto. Un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Un capitel de forma troncopiramidal invertida, que posue un equino sobre unha moldura en caveto. Unha cruz latina, de sección cadrangular nos extremos e biselada no resto. Os extremos da cruz son redondeados.

III.- CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE CASTRO VERDE_ ROTEIRO MUÍÑOS DO POÑENTE

III.- CRUCES E CRUCEIROS ROTEIRO DOS MUÍÑOS DO POÑENTE - 1



1.- CRUCEIRO DE REBORDAOS (SAN XURXO)



Localización
Encontramos este cruceiro nun valado do cruce de Camiños que veñen, un de Fontao e o outro de Serés.
Coordenadas UTM:  X: 634.299.40 / Y: 4.766.264.29
Descrición.
Cruceiro construído sobre unha base asentado no valado. O fuste, de sección cadrangular nos extremo inferior e superior e, oitavado no resto do fuste e remata nun sinxelo capitel e sobre el a cruz.
Observacións:

Cruceiro moi simple e moi desgastado.

   2.- CRUCEIRO E CRUCES PARROQUIA DE BARREDO
          (SAN XOÁN DE FRANCELOS) 
            LUGAR DE CASTEDO

2.1.- Cruz de Castedo




Localización
Cruz situada no muro da casa de Manuel de Baixo de Castedo.
Coordenadas UTM:  X: 632.377.09/ Y: 4.766.496.08
Descrición
Cruz cadrada coas arestas redondeadas, cun longo fuste que na parte inferior ten unha iscrición ilexible. Fai pensar que debeu formar parte dun antigo cruceiro.
Observacións
Esta cruz estivo situada sobre unha pena que había enfrente da casa de Baixo. A póla dun castiñeiro rompeu o que debeur ser un cruceiro e posteriormente foi colocado no muro da casa. 
2.2.-Cruceiro da casa de Coruxo de Castedo


Localización
Cruceiro situado dentro da aira da casa do Curuxo de Castedo
Coordenadas UTM:  X: 632.386.09/ Y: 4.766.494.03
Descrición
Plataforma dun chanzo de granito. Por riba un plinto que amosa dous corpos:
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura rebaixada)
O segundo está formado por unha estrutura prismática cadrangular, similar á da base.
Fuste cilíndrico, con colariño nos extremos.
Capitel cadrado con estrias. Un colariño separa o capitel do fuste
Finalmente unha cruz grega, con estrías nos brazos orizontais e vertical.
Observacións
Este cruceiro foi construído a comenzos do século XXI.

2.3.-Cruceiro das Peniñas Brancas



Localización
Cruceiro situado perto da estrada local (CP 12-08) que, nos conduce ao lugar de Castedo, no monte que leva o nome de Peniñas Brancas.
Coordenadas UTM:  X: 631587.01/ Y: 4.765.558.98
Descrición
Cruceiro asentado sobre a rocha, con fuste cadrado nos extremos, sendo a parte inferior máis grande e oitavado ou octaédrico na parte central. Sobre o fuste tiña o capitel troncocónico ou piramidal invertido que hoxe está roto ao seu carón, e sobre el a cruz, igualmente rota.
Observacións
Este cruceiro rompeuno un piñeiro cando se tirou un piñeiral que se encontraba ao seu carón.

2.4.- CRUCEIROS DE FRANCELOS (SAN XOÁN)
2.4.1- Cruceiro do adro da igrexa de Francelos.


Localización
Cruceiro situado a carón da porta do camposanto, no adro da igrexa de Francelos.
Coordenadas UTM:  X: 631.167.05/ Y: 4.766.636.96
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base cadrada coas arestas redondeadas. Da base sae un fuste cadrado nos extremos, sendo a parte inferior máis grande e oitavado ou octaédrico na parte central. Sobre o fuste un capitel troncocónico ou piramidal invertido con estrías  e, sobre el unha cruz florenzada.
Observación
Este cruceiro pensamos que ten a mesma ou similar composición có das Peniñas Brancas.

2.4.2.- Cruz a carón da casa rectoral de Francelos.


Localización
Cruz situada a carón da casa rectoral de Francelos
Coordenadas UTM:  X: 630.969.87/ Y: 4.766.495.43
Descrición
Cruz asentada sobre unha base cadrada e sobre ela unha cruz de sección cadrada, cun resctángulo na parte inferior e  no resto coas arestas rebaixadas, toda ela forma un bloque, cos símbolos de Cristo, a cruz e a inscrición Pez no tamo central.

2.4.3.- Cruceiro a carón da casa rectoral de Francelos


Localización
Cruceiro situado a carón da casa rectoral de Francelos.
Coordenadas UTM:  X: 630.971.18/ Y: 4.766.495.74
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base cadrada e sobre ela unha cruz de sección cadrada, na parte inferior, con dous corpos e o resto do fuste octoédrico, rematado en sección cadrada na parte superior. Sobre o fuste un capitel troncocónico con estrías e sobre o capitel unha cruz florenzada.
Observación
Esta cruz e o cruceiro situados a carón da casa rectoral,  parecen de construción recente. 



domingo, 23 de noviembre de 2014

I.2.- CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO POR CASTRO VERDE

I.2.- CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO              POR CASTRO VERDE.
I.2.1.- Cruces e crucerios da parroquia de Furís.
I.2.2.- Cruces e crucerios da parroquia de Mirandela.
I.2.3.- Crucerio da parroquia de Miranda.
I.2.4.- Crucerio da parroquia de Tórdea.


I.2.- CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO           POR  CASTRO VERDE

I.2.1. - Cruceiro de Pereira. (Furís)
Localización
Este  cruceiro encóntrase ao pé da capela de Pereira (Santa Bárbara),  a carón da estrada que nos conduce ás aldeas de A Abelleira, Azureira…
 Coordenadas UTM; X: 641.362  / Y: 4.759.181
Descrición
Cruceiro de base granítica cadrada, do que arranca un pequeno fuste octaédrico e sobre el unha especie de anel coma se fose un capitel  e sobre el aséntase a cruz con aberturas nos extremos ao xeito florenzado.
I.2.2.- Cruceiro de Furís (Sto. Estevo)























Localización
  Este  cruceiro encóntrase ente a igrexa parroquial, rectoral e igrexa de Furís (Sato. Estevo)
 Coordenadas UTM: X: 640.260  / Y: 4.759.061
Descrición
Cruceiro con varios chanzos con base de planta cadrada, rebaixadas polas catro caras que soportan un fuste octaédrico, cun anel, case ao final do fuste e sobre o fuse un  capitel troncocónico,  en forma de anel, sobre o que vai a cruz con brazos ensanchados, sen imaxes.

Diante ten un pousadoiro en forma de púlpito (un dos poucos que quedan, xunto co de Miranda)


I.2.3.- Cruz situada á entrada da igexa de Mirandela

Localización
Cruz situada no muro que rodea a igrexa de Mirandela
Coordenadas UTM : X: 638.024 /Y: 4.758.602
Descrición
Pequena cruz con base cadrada apoiada sobre o muro que rodea o  adro da igrexa.

I.2.4.-   Cruz situada á entrada do camposanto de Mirandela.

Localización
Pequena cruz que se encontra sobre o lintel da entrada ao camposanto de Mirandela.
Coordenadas UTM: X: 638.004 / Y: 4.758.617
Descrición
Cruz de base cadrada apoiada sobre unha lousa que hai sobre o lintel da porta que dá ao camposanto.


I.2.5. - Crucerio da parroquia de Miranda










Localización
Situado este cruceiro e púlpito ou pousadoiro non antigo campo da festa da parroquia de Miranda.
Coordenadas UTM: X: 637. 168 / Y: 4.758.708
Descrición
Cruceiro con base de planta cadrada e sobre esta base outra en forma de cubo. Desta base sae un fuste octogonal, cun fermoso capitel e sobre el a cruz de tipo florenzada.
Diante do cruceiro achamos outro dos púlitos ou pousadoiros que temos no concello de Castroverde.

I.2.6.-  Crucerio da parroquia de Tórdea.



Localización
Situado este cruceiro dentro do adro da igrexa de Tórdea.
Coordenadas UTM: X: 634.753 / Y: 4.758.797 
Descrición
Cruceiro con bases cadradas, fuste cadrado coas arestas algo achatadas, sinxelo capitel rebaixao, sobre o que descansa a cruz.
Observación
Esta cruz, antigamente, estaba sobre a porta da entrada ao adro da igrexa. Nas paredes da igrexa consérvanse simbolóxías da antiga igrexa de Tórdea.

sábado, 22 de noviembre de 2014

I.1.- CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS DO CONCELLO DE CASTROVERDE (I)

CRUCES, CRUCEIROS e PETOS DE ÁNIMAS DO CONCELLO   DE CASTROVERDE (I)

Manuel Muñiz Besteiro


(CRUCEIROS E CRUCES DO CAMIÑO PRIMITIVO e CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO POR  CASTROVERDE)



I.1.- CRUCEIROS E CRUCES DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU PASO POR
     CASTROVERDE.

1.1.- Cruz de Pedra no alto da Vacariza
1.2.- Cruceiro de "Villa Lucía" (Vilabade)
1.3.- Cruces da Veiga do Olmo – Castroverde.
1.4.- Cruceiro e cruz de Balaño.
1.5.- Cruceiro de Souto de Torres.
1.6.- Cruceiros e cruces da parroquia de Moreira.
1.7.- Cruceiros e cruces da parroquia de San Paio.
1.8.- Cruz do cemiterio da parroquia de Soutomerille.

I.2.- CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO POR    
      CASTROVERDE.
2.1.- Cruces e crucerios da parroquia de Furís.
2.2.- Cruces e crucerios da parroquia de Mirandela.
2.3.- Crucerio da parroquia de Miranda.
2.4.- Crucerio da parroquia de Tórdea.

------------------

I.1.- CRUCEIROS E CRUCES DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU 
     PASO POLO CONCELLO DE CASTRO VERDE.




1.1.-     Cruz de Pedra no alto da Vacariza

Situada  a carón da estrada C-630 Lugo – Fonsagrada, case no límite entre os concellos de Castroverde e O Cádavo Km. 27, entre o Camiño Primitivo e a estrada da Fonsagrada. Comentar que esta cruz hai uns vinte anos que a Consellería de Obras Públicas, na ampliación da estrada Lugo-Fonsagrada,  a derrubou e o entullo do propio Camiño Primitivo, meteuno para a nova estrada, quedando a cruz abandonada ata que un grupo de persoas que estaban comenzando a reivindicar O Camiño, a comenzos dos anos 1994 a levantaron e, colocárona no lugar onde se encotra hoxe, cuberta de maleza, no medio dun silveiral.
Coordenadas UTM:  X: 641.040  / Y: 4.763.925
Descrición
Cruz de pouca altura apoiada sobre unha pedra, cunha pequena base e os extremos son curtos. Presenta a seguinte inscrición na cara SE.

AÑO 1866. AQUÍ MURIÓ JUAN NEIRA DE FONTELA

A inscrición fai referencia a aquela noite de cru inverno en que Xoán de Neira – veciño que o era do pobo de Fontela na montaña sur de Baleira- regresaba dunha feira montado na súa egua e alí mesmo caeu morto coa friaxe, tendido o seu corpo sobre a neve, baixo a intensa xeada que cobre de inverno estas paraxes, en palabras de Ricardo Polín.

1.2.- Cruceiro de "Villa Lucía" de Maximino e María (Vilabade)
              

Localización
   Este cruceiro encóntrase na casa da familia arriba indicada na estrada (LU-P-1206) que nos leva a Vilabade dentro da finca “Villa” Lucía a carón da casa. O trazado actual do Camiño Primitivo pasa a carón da casa onde se pode ver o cruceiro.
Coordenadas: X: Latitude: 43° 1'51.63"N / Y:7°18'40.04"O
Descrición
    Plataforma dun chanzo de granito. Por riba un plinto que amosa dous corpos:
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura convexa), e un tramo paralelepípedo; o toro e o tramo paralelepípedo están unidos por unha moldura cóncava.

O segundo está formado por unha estrutura prismática cadrangular, que nos amosa catro acanaladuras no tramo central.

 A base de carácter clásico, está composta de dous toros unidos por unha escocia (moldura cóncava -con dous radios-), que se apoia nun filete de gran tamaño (moldura corrida) ou nunha pequena estrutura paralelepípeda.

Fuste cilíndrico, que vai estreitándose  a media que chega ao cume.

Capitel corintio, que amosa unhas volutas nos vértices das catro aristas e dous niveis de follas de acanto. Un colariño separa o capitel do fuste
   Finalmente unha cruz latina, de sección cilindrica, que mostra no anverso a efixie de Cristo crucificado cos seus brazos separados do brazo transversal da cruz en forma de V e, a efixie do sagrado corazón ou da virxe no reverso apoiándose nun supedáneo.
Observacións:
Cruceiro duns 5,80 m. de altura, na ten o nome dos propietarios; María e Máximo (avós) e Raúl e Lucía (netos). Mercado no ano 2014 ao  canteiro Julio Martínez de Rosal, Pontevedra no ano 2014 pouco despois de mercar a casa de Riveiro en Vilabade.

Como curiosidade salientar un Santiago peregrino de 1,90 de alto e, de peso dous mil quilos, mercado en Ponte de Lima.   

1.3.- Cruces da Veiga do Olmo - Castro Verde.
1.3.1.- A cruz da Veiga do Olmo

Locacalización
Atópase actualmente á entrada desta área recreativa, mais parece que  procede da parroquia de San Cosme de Barreiros.
 Coordenadas UTM:  X: 636.009 / Y: 4.764.891
Descrición.

Cruz apoiada sobre unha pena e sobre ela tres prismas cilíndricos que aguantan o pequeno fuste de  sección cadrada e sobre el a cruz.

1.3.2.- Cruz da Veiga do Olmo.


Localización
Áchase, actualmente, ao fondo desta área recreativa, mais procede da parroquia de San Cosme de Barreiros.
Coordenadas UTM:  X: 636.001 / Y: 4.764.769
Descrición
Apoiada sobre dous prismas cadrados, cun fuste de  sección exagonal e sobre el a cruz toda elas, parece dunha mesma peza.

1.3.3.- Cruceiro  á entrada da Veiga do Olmo.



Localización
Situada entre as estradas de entrada e saída ao campo da feira e Veiga do Olmo.
Coordenadas UTM:  X: 635.949 /  Y: 4.765.017    
Descrición
Sinxelo cruceiro de construción recente, cunha pequena base no chan, cun fuste octogonal de aristas rebaixadas, capitel troncocónico e sinxela cruz.

1.4.- Cruceiro e cruz da  Parroquia Bolaño 
   14.1.-Cruceiro da estrada de Pereira.


Localización  
Cruceiro situado a carón da estrada  CP 12-12. Sobre un valado, da finca da casa de Cando da  parroquia Bolaño, na marxe dereita da estrada que nos leva aos lugares de Pereira e Naveda.
Coordenadas UTM:  X: 637.533 / Y: 4.767.804   
Descrición
Apoiado nunha base cadrada, fuste de base cadrada nos extremos, sendo máis pequena a superior e no centro octogonal. Sobre o fuste, un capitel troncocónico invertido e sobre el a cruz.

1.4.2.-Cruz de Bolaño


Localización  
Situada na parede da casa de Río na parroquia de Bolaño.
Coordenadas UTM: X: 636.281,90, y: 4.766.732.02
Descrición
Cruz de mármore coas arestas rebaixadas e cunha cartela no extemo final coas iniciais: J N R I transversal.( Iesus Nasarenus Rex Iudaeorum, do latim, "Xesus Nazareno Rei dos Xudeus)

1.5 .- Cruceiro de Souto de Torres






Localización
Fermoso cruceiro, situado a carón do Camiño Primitivo e do campo da festa da parroquia, fronte á igrexa de Souto de Torres.
Coordenadas UTM:  X: 633.347 /  Y: 4.764.229  
Descrición.
Cruceiro de construción recente, como se pode observar e sabemos pola data da base, consta de tres chanzos de base cadrada,  cunha pequena base onde constan os datos, o fuste irregular, cadrado na parte inferior e na parte alta, exagonal con adornos e a figura dun Santiago peregrino, capitel cun estilo imitando o corínteo e, sobre el a cruz cun Cristo pola cara este e pola a oeste unha figura da virxe dos Milagres, patroa desta parroquia.
Observación.
Doado e mandado facer polo sacerdote D. Sabino Seijas, nativo desta parroquia e desenvolvendo o seu labor en parroquias de Lalín. Foi construído por O Vila, Lalín, 1999, segundo consta na base do mesmo cruceiro.


1.6.- Cruceiros e cruces da parroquia de Moreira (Santa María)

É moi probable que as cruces e cruceiros desta parroquia formaran parte dun viacrucis.

1.6. 1.-Cruceiro das Casas do Monte


Localización.
Comezamos por este cruceiro do lugar máis afastado do Camiño, mais pertencente á parroquia de Moreira, no lugar de As Casas do Monte.
Situado á entrada do lugar, a carón do camiño, ao pé dun piñeiral
Coordenadas UTM:  X:  632.490 / 4.764.789
Descrición.
Cruceiro asentado sobre unha pena, fuste cadrado nos extremos e octagonal no resto, capitel troncocónico sobre o que se asenta a cruz que actualmente está partida.


1.6. 2.- Cruceiro do adro da igrexa de Moreira (Sta. María)

Localización
Este cruceiro encóntrase adro da igrexa de Moreira.
Coordenadas UTM:  X: 632.146.67 / Y: 4.764.352.24
Descrición

Cruceiro de base cadrada de pouca altura, fuste cadrado nos extremos na base con dous corpos e octoédrico no corpo, capitel  troncocónico sobre o que descansa a cruz unha cruz florenzada.

1.6.3.-Cruz da parede da finca da casa rectoral


Localización
Pequena cruz situada sobre a parede da casa rectoral.
Coordenadas UTM:  X: 632.173.69 / Y: 4.764.319.17
Descrición
Pequena cruz coas arestas algo rebaixdas e de tipo florenzada. 

1.6 .4 .- Cruceiro do cemiterio de Moreira.


Localización
Situado no campo santo da parroquia de Moreira.
Coordenadas UTM:  X: 632.106.28 / Y: 4.764.215.52
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base de pedra incrustada no chan, fuste cadrado nos extremos e octoédrico no corpo, capitel  troncocónico sobre o que descansa a cruz de tipo florenzada.

1.6.5.- Cruceiro de Nadela



Localización
Situado entre as casas de Nadela de Arriba (hoxe casa de Lucas) e de Abaixo.
Coordenadas UTM:  X: 631.766.43 / Y: 4.764.047.53
Descrición
Cruceiro sobre un rochedo, con fuste de base cadrada de pouca altura nos dous extremos, sobre a que se sustén o fuste, capitel troncocónico con diversas estrías, sobre o que se asenta a pequena cruz de tipo florenzada.


1.6. 6.- Cruz de As Salburiñas




Localización
Acháse esta cruz no lugar de As Salburiñas ou Salguriñas, na parroquia  de Moreira entre os lugares de Nadela e Vilar de Cas, actual Camiño Primitivo.
Coordenadas UTM:  X: 631.506.30 / Y: 4.763.964.32
Descrición
Cruz asentada sobre unha base prismática cun fuste de forma prismática e de pouca altura, apoiada sobre unha pequena parede toda ela.
Observación
Lenda ou realidade
Cóntase que foi colocada co motivo  da emigración dun rapaz, da casa de Abaixo de Nadela e foino despedir  súa nai, con tal motivo, no lugar de As Salburiñas mandou levantar esta cruz. Outra versión di que foi colocada con motivo da motre dun home que o matara un raio.

1.7.- Cruceiros e cruces da parroquia de Arcos (San Paio)

Esta parroquia conta con trece elementos do Viacrucis, entre cruces e cruceiros, o que nos está a falar da existencia, clarmente del.

Situación, aproximada, dos cruceiros e  cruces.


17.. 1.- Cruceiro de San Paio de Arriba


Localización
Situado ao pé do camiño á entrada de San Paio de Arriba vindo de Moreira.
Coordenadas UTM: X: 631.758 / Y: 4.763.413
Descrición
Cruceiro sen base apoiado directamente na rocha ou pena, fuste de sección octogonal, e  cadrada nos extremos, capitel sinxelo, sobre o que se apoia a cruz cos bordes ensanchados.

1.7.2.- Cruceiro ao pé da entrada á igrexa e adro do cemiterio



 Localización
Este cruceiro encóntrase á entrada da igrexa e cemiterio segundo se vén de San Paio de Arriba.
Coordenadas UTM: X: 631.845.54 / Y: 4.763.341.69
Descrición.
Formado por unha base en forma de cubo coas aristas redondeadas, sobre a base levántase o fuste de sección cadrada nos extremos e octoédrica no resto, cun capitel sinxelo e sobre el levántase unha sinxela cruz cos brazos ensanchados,faltándolle un anaco na parte superior.

1.7.3.-Cruceiro da parede do adro



17..4.- Cruz da parede do adro.




Cruceiro e cruz
Localización
Este cruceiro  e cruz encóntrase por detrás da igrexa, apoiados directamente na parede que circunda o adro do cemiterio.
Coordenadas UTM: X: 631.874.84 / Y: 4.763.330.91 m.
Descrición.
O primeiro (6.3 o cruceiro, sae do muro, da parede do adro, fuste octoérdrico,  pequeno capitel cadrado e sobre el a cruz cos brazos ensanchados; a segunda, (6.4) a cruz, apoiada directamente nuha especie de placa.

1.7.5.- Cruceiro adro estrada Fonsagrada (1)

Localización
Este cruceiro encóntrase polo lado este da igrexa,  na parede do adro,  dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada.
Coordenadas UTM: X: 631.871.08 / Y: 4.763.318.58  
Descrición.
Apoiado directamente na parede, muro que circunda o adro; fuste octoédrico e cadardo no extremo superior, sinxelo capitel cadrado e sobre el a cruz cos brazos ensnachados.

1.7.6.- Cruceiro adro estrada Fonsagrada (2)


Localización
Este cruceiro encóntrase polo lado este da igrexa,  na parede do adro, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada, perto da entrada sur da igrexa.
Coordenadas UTM: X: 631.871.08 / Y: 4.763.318.58  
Descrición.
Cruceiro coa base apoiada directamente na parede, muro que circunda o adro; fuste octoédrico e cadrado nos extremo superior, capitel troncocónico con diferentes estrías e sobre el a cruz de tipo florezada.

1.7.7.- Cruz parede finca rectoral de San Paio (1)


Localización
Esta cruz encóntrase na parede da rectoral da parroquia de San Paio, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada.
Coordenadas UTE: X: 631.847.20 / Y: 4.763.310.57 .
Descrición
Pequena cruz cos extremos ensanchados e de sección rectangular.

1.7.8.- Cruz parede finca rectoral de San Paio (2)


Localización
Esta cruz encóntrase na parede da rectoral da parroquia de San Paio, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada, frente á casa rectoral de Arcos.
Coordenadas UTM: X: 631.810.76 / Y: 4.763.299.34  
Descrición
Pequena cruz con sección rectangular e aristas redondeadas.

1.7..9.- Cruceiro ao pé da casa rectoral de San Paio


Localización
Este cruceiro encóntrase ao pé da casa rectoral de San Paio na parede que circunda a finca.
Coordenadas UTM: X: 631.800.85 / Y: 4.763.306.13  
Descrición.
Cruceiro incrustado na parede da finca rectoral, de base cadrada, fuste de sección octogonal e nos extremos de sección cadrada,  pequeno capitel cadrado e sobre el a cruz de extremos cadrados.

1.7.10.- Cruceiro ao pé do alpendre da rectoral.



Localización
Este cruceiro encóntrase ao pé da caseta que foi garaxe da rectoral. Supoñemos que antigamente por aquí ía o camiño e, que posteriormente foi transladado.
Coordenadas UTM: X: 631.779  / Y: 4.763.316
Descrición.
Cruceiro sen base,  apoiado directamente no chan; fuste de sección octogonal, sinxelo capitel e sobre el unha sinxela cruz.
1.7.11.- Cruz por detrás da casa de Sal, finca de Fernández.



Localización
Esta cruz encóntrase na parede da rectoral da parroquia de San Paio, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada, frente á casa rectoral de Arcos.
Coordenadas UTM: UTM: X: 631.701 / Y: 4.763.290  
Descrición
Pequena cruz con sección rectangular e aristas redondeadas.

1.7. 12.- Cruceiro na marxe esquerda da estrada a Gracián  


Localización
Este cruceiro encóntrase á entrada da finca ao pé da estrada que nos leva ao lugar de Gracián, frente á cas de Fórneas.
Coordenadas UTM: X: 631.591 / Y: 4.763.213  
Descrición
Cruceiro sen base apoiado directamente na rocha ou pena, fuste de sección octogonal, e  cadrada nos extremos, capitel sinxelo, sobre o que se apoia a cruz cos bordes ensanchados.

1.7.13.- Cruz camiño San Paio- Moreira, na parede da finca de Fernández


Localización
Cruz situada na parede da finca da casa de Fernández de San Paio no camiño, estrada que nos leva á parroquia de Moreira.
Coordenadas UTM: X: 631.588  / Y: 4.763.382
Descrición
Pequena cruz con sección rectangular e aristas redondeadas

Conclusións:

Os cruceiros e cruces deste viacrucis, repitense nas formas, variando pouco na construción, sendo bastante sinxela en xeral.
Comenzamos a  localización en San Paio de Arriba vindo de Moreira e voltamos rematando no Camiño que leva a Moreira desde a estrada Lugo - Fonsagrada.

8.- Cruz Cemiterio Soutomerille

Localización
Cruz situada ao pé do camiño que leva á Varanca, camiño da antiga traza histórica do Iitenario a Santiago de Compostela, que precisamente pasaba por aquí, ata que recentemente foi desviado pola Pallota. A cruz está sobre a entrada ao cemiterio máis pequeno de Galicia, todo el construído en cantería.
Coordenadas UTM: X: 630.475.92; Y: 4.764.730.43
Descrición
Sinxela cruz sobre unha pequena base.