CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DO CONCELLO DE CASTROVERDE (III)




Localización
Estes
petos están situados na parede do adro da igrexa de Uriz.
Coordenadas
UTM: X: 635.4591.49/ Y: 4.759.610.85
Descrición.
O da
esquerda consta de dous corpos: o primeiro formado por dous piares unidos por
un arco carpanel apainelado y deprimido, que sostén unha cornisa granítica. No
seu interior non hai ningunha imaxe, conservando únicamente a reixa.
O da
dereita, aberto por ámbas as dúas partes, está formado por dúas columnas de
cantería unidas por un arco escarzano, que se prolonga de cara ao interior xuntamente
coas estruturas de cantería, que reforzan ás columnas de ámblos dous lados.
2.2.-
PEQUENA CRUZ PARROQUIA DE CELLÁN DE MOSTEIRO
(SAN PEDRO)
Localización
Coordenadas UTM: X: 636.716.26, Y:
4.761.167.33
Descrición
Pequena cruz latina, situada encima do dintel
do adro da igrexa.
2.3.-
CRUCEIROS, CRUCES E PETO DE ÁNIMAS PARROQUIA DE A
PUMAREGA (SANTA MARIÑA)
2.3.1.- Peto de ánimas e cruces
Localización
Peto de ánimas e pequenas cruces latinas
situados no muro da entrada ao adro da igrexa e cemiterio de A Pumarega. Todos
a carón da estrada (CP 12-01)
Coordenadas UTM: X: 637.061.76/ Y:
4.760.676.12
Descrición.
Trátase dun pequeno corpo poliedrico
rectangular, que posúe unha pequena cuberta a dúas augas. No seu interior non
hai ninguna imaxe, conservando só a reixa..
Ao seu carón, no muro de
separación do adro do exterior, hai dúas cruces pequenas, latinas, que se
apoian sobre bases paralelepípedas, que amosan algunhas irregularidades.
2.3.2.- Cruceiros
2.3.2.1. Cruceiro 1
Localización
Cruceiro este, xunto cos outros dous,
situados ao pé da estrada (CP 12-01) que, comunica o Empalme (Estrada Lugo – A
Fonsagrada) con Sobrado, na marxe esquerda despois da igrexa de A Pumarega e
separados entre si, a poucos metros, uns dos outros.
Coordenadas
UTM: X: 637. 070.95 , Y: 4.760.643.44
Descrición
Sobre unha base paralelepípeda,
o fuste de sección cuadrangular sobre o que se ergue un capitel que amosa un ábaco, un filete e un colariño. Cruz latina
co eixo transversal máis longo que o vertical de sección oitavada.
2.3.2.2. Cruceiro 2
Localización
Coordenadas UTM: X: 637.074.38 , Y:
4.760.592.29
Descrición
Da base,
de forma paralelepípeda cos bordos (arestas) superiores redondeados. Fuste
rematado no extremo superior en forma cadrada, Fuste de estrutura prismática
cuadrangular sobre o que se ergue un capitel, que mostra un ábaco, un filete e
un colariño. Remata nunha cruz de sección oitavada.
2.3.2.3. Cruceiro 3
Localización
Coordenadas UTM: X: 637.091.48 , Y:
4.760.546.63
Descrición
Sobre unha plataforma,
que amosa un chanzo de estrutura paralelepípeda irregular, erguese unha base de
dous tramos: o inferior paralelepípedo e o superior troncopiramidal. Sobre a
base levantase un fuste biselado no extremo inferior, que é o qe conserva.
Carece de capitel e cruz.
2.3.2.4. Cruceiro do Feirobal
Localización
Cruceiro situado dentro da finca da casa do
Feirobal.
Coordenadas
UTM: X: 637.176.03 , Y: 4.760.803.53
Descrición
Sobre unha estrutura irregular de
cemento, érguese unha base con dous tramos: o inferior de estrutura
paralelepípeda e o superior cunha moldura en nacela invertida. Logo, o fuste de
sección cuadrangular no extremo inferior e oitavado no resto. O capitel amosa
un ábaco sobre unha estrutura paralelepípeda, que presenta unhas acanaladuras
de forma triangular no tramo central. A cruz mostra unha sección cuadrangular
nos seus extremos e oitavada no resto. Os extremos externos da cruz son
potenzados.
2.4.- CRUCEIROS PARROQUIA DE BARREIROS
(SAN COSME)
(Limítrofe coa Pumarega)
2.4.1. Cruceiro camiño do Camiño dos Arrieiros 1
Localización
Situado ao pé do camiño entre o Albardeiro e
O Feirobal – A Pumarega e antes do Cruce da Queimadiña.
Coordenadas
UTM: X: 638.305.72, Y: 4.761.702.62
Descrición
Plataforma dun
chanzo medio soterrada que sustenta a unha base. Sobre esta levántase un fuste
de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto e sobre el
levántase
un capitel de moldurado. Amosa un ábaco sobre unha pequena moldura en caveto.
cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e biselada no resto. Os
extremos da cruz amosan forma florenzada.
2.4.2. Cruceiro do cruce de A Queimadiña ao pé do Camiño dos Arrieiros 2
2.4.2.
Cruceiro do cruce de A Queimadiña ao pé do Camiño dos Arrieiros 2
Localización
No cruce de camiños entre o Albardeiro e O
Feirobal – A Pumarega e San Cosme de Barreiros e Marrondo, perto do lugar
chamado A Queimadiña.
Coordenadas
UTM: X: 638.110.24, Y: 4.761.612.47
Descrición
Plataforma de dous chanzos, un deles, medio soterrado que sustenta a unha base
paralelepípeda con algunhas acanaladuras externas. Sobre esta se levanta un
fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Logo,
nesta orde ascendente, hai un capitel de forma troncopiramidal invertido; e,
como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada
no resto. Os seus remates son florenzados.
Inscrición
Sabemos que ten inscricións no eixo vertical e horizontal da cruz, mais de imposible lectura, só percivimos no eixo horizontal dereito a data de 1900?
Inscrición
Sabemos que ten inscricións no eixo vertical e horizontal da cruz, mais de imposible lectura, só percivimos no eixo horizontal dereito a data de 1900?
Conclusións
Parece
claro que estes cruceiros da Pumarega, xunto coas cruces da entrada á igrexa
que hai sobre o muro do adro e, o cruceiro do Feirobal puidesen ter formado,
todos eles, parte dun antigo Viacrucis.
Todos
eles gardan certas semellanzas na cosntrución, aínda que todos diferentes.
2.5.- CRUCEIRO DE PEREIRAMÁ (SAN XULIÁN)
Localización
Cruceiro situado a carón da
igrexa no cruce de camiños:
Coordenada
X: 635.778.12 m.
Coordenada
Y: 4.762.758.72 m.
Descrición
Plataforma de tres chanzos, mal conservados y deteriorados. Unha base
paralelepípeda cun nivel superior máis amplo que o resto. Un fuste de sección
cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Un capitel de forma
troncopiramidal invertida, que posue un equino sobre unha moldura en caveto.
Unha cruz latina, de sección cadrangular nos extremos e biselada no resto. Os
extremos da cruz son redondeados.