CRUCES, CRUCEIROS e PETOS DE ÁNIMAS DO
CONCELLO DE CASTROVERDE (I)
Manuel Muñiz Besteiro
(CRUCEIROS
E CRUCES DO CAMIÑO PRIMITIVO e CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO
POR CASTROVERDE)
I.1.- CRUCEIROS E CRUCES DO CAMIÑO
PRIMITIVO AO SEU PASO POR
CASTROVERDE.
1.1.- Cruz de Pedra no alto da Vacariza
1.2.- Cruceiro de "Villa Lucía" (Vilabade)
1.3.-
Cruces da Veiga do Olmo – Castroverde.
1.4.-
Cruceiro e cruz de Balaño.
1.5.-
Cruceiro de Souto de Torres.
1.6.-
Cruceiros e cruces da parroquia de Moreira.
1.7.-
Cruceiros e cruces da parroquia de San Paio.
1.8.-
Cruz do cemiterio da parroquia de Soutomerille.
I.2.-
CRUCEIROS E CRUCES DA VÍA XIX AO SEU PASO POR
CASTROVERDE.
2.1.-
Cruces e crucerios da parroquia de Furís.
2.2.-
Cruces e crucerios da parroquia de Mirandela.
2.3.-
Crucerio da parroquia de Miranda.
2.4.-
Crucerio da parroquia de Tórdea.
------------------
I.1.-
CRUCEIROS E CRUCES DO CAMIÑO PRIMITIVO AO SEU
PASO POLO CONCELLO DE CASTRO VERDE.

O segundo está formado por unha estrutura prismática cadrangular, que nos amosa catro acanaladuras no tramo central.
A base de carácter clásico, está composta de dous toros unidos por unha escocia (moldura cóncava -con dous radios-), que se apoia nun filete de gran tamaño (moldura corrida) ou nunha pequena estrutura paralelepípeda.
Fuste cilíndrico, que vai estreitándose a media que chega ao cume.
Capitel corintio, que amosa unhas volutas nos vértices das catro aristas e dous niveis de follas de acanto. Un colariño separa o capitel do fuste
PASO POLO CONCELLO DE CASTRO VERDE.
1.1.- Cruz de Pedra no alto da
Vacariza
Situada a carón da estrada C-630
Lugo – Fonsagrada, case no límite entre os concellos de Castroverde e O Cádavo
Km. 27, entre o Camiño Primitivo e a estrada da
Fonsagrada. Comentar que esta cruz hai uns vinte anos que a Consellería de
Obras Públicas, na ampliación da estrada Lugo-Fonsagrada, a derrubou e o entullo do propio Camiño
Primitivo, meteuno para a nova estrada, quedando a cruz abandonada ata que un
grupo de persoas que estaban comenzando a reivindicar O Camiño, a comenzos dos
anos 1994 a
levantaron e, colocárona no lugar onde se encotra hoxe, cuberta de maleza, no medio dun silveiral.
Coordenadas UTM: X: 641.040
/ Y: 4.763.925
Descrición
Cruz de pouca altura apoiada
sobre unha pedra, cunha pequena base e os extremos son curtos. Presenta a seguinte inscrición na cara SE.
AÑO 1866. AQUÍ MURIÓ JUAN NEIRA
DE FONTELA
A
inscrición fai referencia a aquela noite de cru inverno en que Xoán de Neira –
veciño que o era do pobo de Fontela na montaña sur de Baleira- regresaba dunha
feira montado na súa egua e alí mesmo caeu morto coa friaxe, tendido o seu
corpo sobre a neve, baixo a intensa xeada que cobre de inverno estas paraxes,
en palabras de Ricardo Polín.
1.2.- Cruceiro de "Villa Lucía" de Maximino e María (Vilabade)
Localización
Este cruceiro encóntrase na casa da familia arriba indicada na estrada (LU-P-1206) que nos leva a Vilabade dentro da finca “Villa” Lucía a carón da casa. O trazado actual do Camiño Primitivo pasa a carón da casa onde se pode ver o cruceiro.
Coordenadas: X: Latitude: 43° 1'51.63"N / Y:7°18'40.04"O
Descrición
Plataforma dun chanzo de granito. Por riba un plinto que amosa dous corpos:
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura convexa), e un tramo paralelepípedo; o toro e o tramo paralelepípedo están unidos por unha moldura cóncava.
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura convexa), e un tramo paralelepípedo; o toro e o tramo paralelepípedo están unidos por unha moldura cóncava.
O segundo está formado por unha estrutura prismática cadrangular, que nos amosa catro acanaladuras no tramo central.
A base de carácter clásico, está composta de dous toros unidos por unha escocia (moldura cóncava -con dous radios-), que se apoia nun filete de gran tamaño (moldura corrida) ou nunha pequena estrutura paralelepípeda.
Fuste cilíndrico, que vai estreitándose a media que chega ao cume.
Capitel corintio, que amosa unhas volutas nos vértices das catro aristas e dous niveis de follas de acanto. Un colariño separa o capitel do fuste
Finalmente unha cruz latina, de sección cilindrica, que mostra no anverso a efixie de Cristo crucificado cos seus brazos separados do brazo transversal da cruz en forma de V e, a efixie do sagrado corazón ou da virxe no reverso apoiándose nun supedáneo.
Observacións:
Cruceiro duns 5,80 m. de altura, na ten o nome dos propietarios; María e Máximo (avós) e Raúl e Lucía (netos). Mercado no ano 2014 ao canteiro Julio Martínez de Rosal, Pontevedra no ano 2014 pouco despois de mercar a casa de Riveiro en Vilabade.
Como curiosidade salientar un Santiago peregrino de 1,90 de alto e, de peso dous mil quilos, mercado en Ponte de Lima.
1.3.-
Cruces da Veiga do Olmo - Castro Verde.
1.3.1.- A cruz da Veiga do Olmo
Locacalización
Atópase actualmente á
entrada desta área recreativa, mais parece que procede da parroquia de San Cosme de
Barreiros.
Coordenadas UTM: X: 636.009 / Y: 4.764.891
Descrición.
Cruz apoiada sobre unha
pena e sobre ela tres prismas cilíndricos que aguantan o pequeno fuste de sección cadrada e sobre el a cruz.
1.3.2.- Cruz da Veiga do
Olmo.
Localización
Áchase, actualmente, ao fondo desta área recreativa, mais procede da parroquia de San Cosme de Barreiros.
Coordenadas UTM: X: 636.001 / Y: 4.764.769
Descrición
Apoiada sobre dous
prismas cadrados, cun fuste
de sección exagonal e sobre el a cruz toda elas, parece dunha mesma peza.
1.3.3.- Cruceiro á entrada da Veiga do Olmo.
Localización
Situada entre as estradas de entrada e saída ao campo da feira e Veiga do Olmo.
Coordenadas UTM: X: 635.949 / Y: 4.765.017
Descrición
Sinxelo cruceiro de
construción recente, cunha pequena base no chan, cun fuste octogonal de aristas
rebaixadas, capitel troncocónico e sinxela cruz.
1.4.-
Cruceiro e cruz da Parroquia Bolaño
14.1.-Cruceiro da estrada de Pereira.
Localización
Cruceiro situado a carón da estrada CP 12-12. Sobre un
valado, da finca da casa de Cando da parroquia Bolaño, na marxe dereita da estrada que
nos leva aos lugares de Pereira e Naveda.
Coordenadas UTM: X: 637.533 / Y: 4.767.804
Descrición
Apoiado nunha base
cadrada, fuste de base cadrada nos extremos, sendo máis pequena a superior e no
centro octogonal. Sobre o fuste, un capitel troncocónico invertido e sobre el a
cruz.
1.4.2.-Cruz de Bolaño
Localización
Situada
na parede da casa de Río na parroquia de Bolaño.
Coordenadas
UTM: X: 636.281,90, y: 4.766.732.02
Descrición
Cruz
de mármore coas arestas rebaixadas e cunha cartela no extemo final coas
iniciais: J N R I transversal.( Iesus Nasarenus Rex Iudaeorum,
do latim, "Xesus Nazareno Rei dos Xudeus)
1.5 .- Cruceiro de Souto de Torres
Fermoso cruceiro,
situado a carón do Camiño Primitivo e do campo da festa da parroquia, fronte á
igrexa de Souto de Torres.
Coordenadas UTM: X: 633.347 / Y: 4.764.229
Descrición.
Cruceiro de construción
recente, como se pode observar e sabemos pola data da base, consta de tres chanzos
de base cadrada, cunha pequena base onde
constan os datos, o fuste irregular, cadrado na parte inferior
e na parte alta, exagonal con adornos e a figura dun Santiago peregrino,
capitel cun estilo imitando o corínteo e, sobre el a cruz cun Cristo pola cara
este e pola a oeste unha figura da virxe dos Milagres, patroa desta parroquia.
Observación.
Doado e mandado facer polo sacerdote D. Sabino Seijas, nativo desta parroquia e desenvolvendo o seu labor en parroquias de Lalín. Foi construído por O Vila, Lalín, 1999, segundo consta na base do mesmo cruceiro.
1.6.-
Cruceiros e cruces da parroquia de Moreira (Santa María)
É moi probable que as cruces e cruceiros
desta parroquia formaran parte dun viacrucis.
1.6. 1.-Cruceiro das Casas do Monte
Localización.
Comezamos por este cruceiro do lugar
máis afastado do Camiño, mais pertencente á parroquia de Moreira, no lugar de
As Casas do Monte.
Situado á entrada do lugar, a carón do
camiño, ao pé dun piñeiral
Coordenadas UTM: X: 632.490
/ 4.764.789
Descrición.
Cruceiro
asentado sobre unha pena, fuste cadrado nos extremos e octagonal no resto, capitel
troncocónico sobre o que se asenta a cruz que actualmente está partida.
1.6. 2.- Cruceiro do adro
da igrexa de Moreira (Sta. María)
Localización
Este cruceiro encóntrase adro da igrexa
de Moreira.
Coordenadas UTM: X: 632.146.67 / Y: 4.764.352.24
Descrición
Cruceiro de base cadrada de pouca
altura, fuste cadrado nos extremos na base con dous corpos e octoédrico no corpo, capitel troncocónico sobre o que descansa a cruz unha
cruz florenzada.
1.6.3.-Cruz da parede da
finca da casa rectoral
Localización
Pequena
cruz situada sobre a parede da casa rectoral.
Coordenadas
UTM: X: 632.173.69 / Y: 4.764.319.17
Descrición
Pequena
cruz coas arestas algo rebaixdas e de tipo florenzada.
1.6 .4 .- Cruceiro do
cemiterio de Moreira.
Localización
Situado no campo santo da parroquia de
Moreira.
Coordenadas UTM: X: 632.106.28 / Y: 4.764.215.52
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base de
pedra incrustada no chan, fuste cadrado nos extremos e octoédrico no corpo, capitel troncocónico sobre o que descansa a cruz de tipo
florenzada.
1.6.5.- Cruceiro de
Nadela
Localización
Situado entre as casas de Nadela de Arriba (hoxe casa de Lucas) e de Abaixo.
Coordenadas
UTM: X: 631.766.43 / Y: 4.764.047.53
Descrición
Cruceiro
sobre un rochedo, con fuste de base cadrada de pouca altura nos dous extremos, sobre a que se
sustén o fuste, capitel troncocónico con diversas estrías, sobre o que se
asenta a pequena cruz de tipo florenzada.
1.6. 6.- Cruz de As
Salburiñas
Localización
Acháse esta cruz no lugar de As
Salburiñas ou Salguriñas, na parroquia
de Moreira entre os lugares de Nadela e Vilar de Cas, actual Camiño Primitivo.
Coordenadas UTM: X: 631.506.30 / Y: 4.763.964.32
Descrición
Cruz asentada sobre unha base prismática
cun fuste de forma prismática e de pouca altura, apoiada sobre unha pequena
parede toda ela.
Observación
Lenda ou realidade
Cóntase que foi colocada co motivo da emigración dun rapaz, da casa de Abaixo de
Nadela e foino despedir súa nai, con tal
motivo, no lugar de As Salburiñas mandou levantar esta cruz. Outra versión di que
foi colocada con motivo da motre dun home que o matara un raio.
1.7.-
Cruceiros e cruces da parroquia de Arcos (San Paio)
Esta parroquia conta
con trece elementos do Viacrucis, entre cruces e cruceiros, o que nos está a
falar da existencia, clarmente del.
Situación, aproximada,
dos cruceiros e cruces.
17.. 1.- Cruceiro de San
Paio de Arriba
Localización
Situado ao pé do camiño á entrada de San Paio de Arriba vindo de Moreira.
Coordenadas UTM: X: 631.758 / Y: 4.763.413
Descrición
Cruceiro
sen base apoiado directamente na rocha ou pena, fuste de sección octogonal,
e cadrada nos extremos, capitel sinxelo,
sobre o que se apoia a cruz cos bordes ensanchados.
1.7.2.- Cruceiro ao pé da
entrada á igrexa e adro do cemiterio
Localización
Este cruceiro encóntrase á entrada da
igrexa e cemiterio segundo se vén de San Paio de Arriba.
Coordenadas UTM: X: 631.845.54 / Y: 4.763.341.69
Descrición.
Formado por unha base en forma de cubo
coas aristas redondeadas, sobre a base levántase o fuste de sección cadrada nos extremos e octoédrica no resto, cun capitel sinxelo e sobre el levántase unha
sinxela cruz cos brazos ensanchados,faltándolle un anaco na parte superior.
1.7.3.-Cruceiro da parede
do adro
17..4.- Cruz da parede do
adro.
Cruceiro e cruz
Localización
Este cruceiro e cruz encóntrase por
detrás da igrexa, apoiados directamente na parede que circunda o adro do cemiterio.
Coordenadas UTM: X: 631.874.84 / Y: 4.763.330.91
m.
Descrición.
O primeiro (6.3 o cruceiro, sae do muro, da parede do adro, fuste octoérdrico, pequeno capitel cadrado e sobre el a cruz cos brazos ensanchados; a segunda, (6.4) a cruz, apoiada directamente nuha especie de placa.
1.7.5.- Cruceiro adro
estrada Fonsagrada (1)
Localización
Este cruceiro encóntrase polo lado este
da igrexa, na parede do adro, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada.
Coordenadas UTM: X: 631.871.08 / Y: 4.763.318.58
Descrición.
Apoiado directamente na parede, muro que
circunda o adro; fuste octoédrico e cadardo no extremo superior, sinxelo capitel cadrado e sobre el a cruz cos brazos ensnachados.
1.7.6.- Cruceiro adro
estrada Fonsagrada (2)
Localización
Este cruceiro encóntrase polo lado este
da igrexa, na parede do adro, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada,
perto da entrada sur da igrexa.
Coordenadas UTM: X: 631.871.08 / Y: 4.763.318.58
Descrición.
Cruceiro coa base apoiada directamente
na parede, muro que circunda o adro; fuste octoédrico e cadrado nos extremo superior, capitel troncocónico con
diferentes estrías e sobre el a cruz de tipo florezada.
1.7.7.- Cruz parede finca
rectoral de San Paio (1)
Localización
Esta cruz encóntrase na parede da
rectoral da parroquia de San Paio, dando á estrada comarcal Lugo-Fonsagrada.
Coordenadas UTE: X: 631.847.20 / Y: 4.763.310.57
.
Descrición
Pequena cruz cos extremos ensanchados e
de sección rectangular.
1.7.8.- Cruz parede finca
rectoral de San Paio (2)
Localización
Esta
cruz encóntrase na parede da rectoral da parroquia de San Paio, dando á estrada
comarcal Lugo-Fonsagrada, frente á casa rectoral de Arcos.
Coordenadas
UTM: X: 631.810.76 / Y: 4.763.299.34
Descrición
Pequena
cruz con sección rectangular e aristas redondeadas.
1.7..9.- Cruceiro ao pé da
casa rectoral de San Paio
Localización
Este cruceiro encóntrase ao pé da casa
rectoral de San Paio na parede que circunda a finca.
Coordenadas UTM: X: 631.800.85 / Y: 4.763.306.13
Descrición.
Cruceiro incrustado na parede da finca
rectoral, de base cadrada, fuste de sección octogonal e nos extremos de sección cadrada, pequeno capitel cadrado e sobre el a cruz de
extremos cadrados.
1.7.10.- Cruceiro ao pé
do alpendre da rectoral.
Localización
Este cruceiro encóntrase ao pé da caseta
que foi garaxe da rectoral. Supoñemos que antigamente por aquí ía o camiño e,
que posteriormente foi transladado.
Coordenadas UTM: X: 631.779 / Y: 4.763.316
Descrición.
Cruceiro sen base, apoiado directamente no chan; fuste de
sección octogonal, sinxelo capitel e sobre el unha sinxela cruz.
1.7.11.- Cruz por detrás
da casa de Sal, finca de Fernández.
Localización
Esta
cruz encóntrase na parede da rectoral da parroquia de San Paio, dando á estrada
comarcal Lugo-Fonsagrada, frente á casa rectoral de Arcos.
Coordenadas
UTM: UTM: X: 631.701 / Y: 4.763.290
Descrición
Pequena
cruz con sección rectangular e aristas redondeadas.
1.7. 12.- Cruceiro na
marxe esquerda da estrada a Gracián
Localización
Este
cruceiro encóntrase á entrada da finca ao pé da estrada que nos leva ao lugar
de Gracián, frente á cas de Fórneas.
Coordenadas
UTM: X: 631.591 / Y: 4.763.213
Descrición
Cruceiro
sen base apoiado directamente na rocha ou pena, fuste de sección octogonal,
e cadrada nos extremos, capitel sinxelo,
sobre o que se apoia a cruz cos bordes ensanchados.
1.7.13.- Cruz camiño San
Paio- Moreira, na parede da finca de Fernández
Localización
Cruz
situada na parede da finca da casa de Fernández de San Paio no camiño, estrada
que nos leva á parroquia de Moreira.
Coordenadas
UTM: X: 631.588 / Y: 4.763.382
Descrición
Pequena cruz con sección rectangular e aristas
redondeadas
Conclusións:
Os cruceiros e cruces deste viacrucis, repitense nas formas, variando pouco na construción, sendo bastante sinxela en xeral.
Comenzamos a localización en San Paio de Arriba vindo de Moreira e voltamos rematando no Camiño que leva a Moreira desde a estrada Lugo - Fonsagrada.
8.-
Cruz Cemiterio Soutomerille
Localización
Cruz situada ao pé do camiño que leva á
Varanca, camiño da antiga traza histórica do Iitenario a Santiago de
Compostela, que precisamente pasaba por aquí, ata que recentemente foi desviado
pola Pallota. A cruz está sobre a entrada ao cemiterio máis pequeno de Galicia,
todo el construído en cantería.
Coordenadas UTM: X: 630.475.92; Y: 4.764.730.43
Descrición
Sinxela cruz sobre unha pequena base.
No hay comentarios:
Publicar un comentario