viernes, 28 de noviembre de 2014

III.- CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE CASTRO VERDE_ ROTEIRO MUÍÑOS DO POÑENTE

III.- CRUCES E CRUCEIROS ROTEIRO DOS MUÍÑOS DO POÑENTE - 1



1.- CRUCEIRO DE REBORDAOS (SAN XURXO)



Localización
Encontramos este cruceiro nun valado do cruce de Camiños que veñen, un de Fontao e o outro de Serés.
Coordenadas UTM:  X: 634.299.40 / Y: 4.766.264.29
Descrición.
Cruceiro construído sobre unha base asentado no valado. O fuste, de sección cadrangular nos extremo inferior e superior e, oitavado no resto do fuste e remata nun sinxelo capitel e sobre el a cruz.
Observacións:

Cruceiro moi simple e moi desgastado.

   2.- CRUCEIRO E CRUCES PARROQUIA DE BARREDO
          (SAN XOÁN DE FRANCELOS) 
            LUGAR DE CASTEDO

2.1.- Cruz de Castedo




Localización
Cruz situada no muro da casa de Manuel de Baixo de Castedo.
Coordenadas UTM:  X: 632.377.09/ Y: 4.766.496.08
Descrición
Cruz cadrada coas arestas redondeadas, cun longo fuste que na parte inferior ten unha iscrición ilexible. Fai pensar que debeu formar parte dun antigo cruceiro.
Observacións
Esta cruz estivo situada sobre unha pena que había enfrente da casa de Baixo. A póla dun castiñeiro rompeu o que debeur ser un cruceiro e posteriormente foi colocado no muro da casa. 
2.2.-Cruceiro da casa de Coruxo de Castedo


Localización
Cruceiro situado dentro da aira da casa do Curuxo de Castedo
Coordenadas UTM:  X: 632.386.09/ Y: 4.766.494.03
Descrición
Plataforma dun chanzo de granito. Por riba un plinto que amosa dous corpos:
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura rebaixada)
O segundo está formado por unha estrutura prismática cadrangular, similar á da base.
Fuste cilíndrico, con colariño nos extremos.
Capitel cadrado con estrias. Un colariño separa o capitel do fuste
Finalmente unha cruz grega, con estrías nos brazos orizontais e vertical.
Observacións
Este cruceiro foi construído a comenzos do século XXI.

2.3.-Cruceiro das Peniñas Brancas



Localización
Cruceiro situado perto da estrada local (CP 12-08) que, nos conduce ao lugar de Castedo, no monte que leva o nome de Peniñas Brancas.
Coordenadas UTM:  X: 631587.01/ Y: 4.765.558.98
Descrición
Cruceiro asentado sobre a rocha, con fuste cadrado nos extremos, sendo a parte inferior máis grande e oitavado ou octaédrico na parte central. Sobre o fuste tiña o capitel troncocónico ou piramidal invertido que hoxe está roto ao seu carón, e sobre el a cruz, igualmente rota.
Observacións
Este cruceiro rompeuno un piñeiro cando se tirou un piñeiral que se encontraba ao seu carón.

2.4.- CRUCEIROS DE FRANCELOS (SAN XOÁN)
2.4.1- Cruceiro do adro da igrexa de Francelos.


Localización
Cruceiro situado a carón da porta do camposanto, no adro da igrexa de Francelos.
Coordenadas UTM:  X: 631.167.05/ Y: 4.766.636.96
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base cadrada coas arestas redondeadas. Da base sae un fuste cadrado nos extremos, sendo a parte inferior máis grande e oitavado ou octaédrico na parte central. Sobre o fuste un capitel troncocónico ou piramidal invertido con estrías  e, sobre el unha cruz florenzada.
Observación
Este cruceiro pensamos que ten a mesma ou similar composición có das Peniñas Brancas.

2.4.2.- Cruz a carón da casa rectoral de Francelos.


Localización
Cruz situada a carón da casa rectoral de Francelos
Coordenadas UTM:  X: 630.969.87/ Y: 4.766.495.43
Descrición
Cruz asentada sobre unha base cadrada e sobre ela unha cruz de sección cadrada, cun resctángulo na parte inferior e  no resto coas arestas rebaixadas, toda ela forma un bloque, cos símbolos de Cristo, a cruz e a inscrición Pez no tamo central.

2.4.3.- Cruceiro a carón da casa rectoral de Francelos


Localización
Cruceiro situado a carón da casa rectoral de Francelos.
Coordenadas UTM:  X: 630.971.18/ Y: 4.766.495.74
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base cadrada e sobre ela unha cruz de sección cadrada, na parte inferior, con dous corpos e o resto do fuste octoédrico, rematado en sección cadrada na parte superior. Sobre o fuste un capitel troncocónico con estrías e sobre o capitel unha cruz florenzada.
Observación
Esta cruz e o cruceiro situados a carón da casa rectoral,  parecen de construción recente. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario