sábado, 22 de noviembre de 2014

II CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS - ROTEIRO DE MONTE CUBEIRO - BARREDO CASTRO VERDE (II)

 II.- CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS
PARROQUIAS DE MONTECUBEIRO (SAN CIBRAO), DE PENA (SANTA Mª MADANELA), DE SERÉS (SAN PEDRO), DA MEDA (SANTIAGO) E DE BARREDO (STO. ANDRÉ). CASTROVERDE (LUGO). (II)

I.- CRUCEIROS E CRUCES ROTEIRO MONTECUBEIRO - BARREDO

1.1.- CRUCEIROS E CRUCES DA PARROQUIA DE MONTECUBEIRO
          (SAN CIBRAO)
1.2.- CRUCEIRO DA PARROQUIA DE PENA (SANTA Mª MADANELA)
1.3.- CRUCEIRO DA PARROQUIA DE SERÉS (SAN PEDRO)
1.4.- CURCEIRO E CRUCES PARROQUIA DE A MEDA (SANTIAGO)
             1.4.1.-  LUGAR DE CÓRNEAS
             1.4.2.-  A MEDA.
             1.4.3.- CRUZ DE VILAFRÍO (Parroquia de Francelos)

1.5.- CRUCEIRO E CRUCES PARROQUIA DE BARREDO (SATO. ANDRÉ)

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1.1.-CRUCEIROS DA PARROQUIA DE MONTECUBEIRO
(SAN CIBRAO)

1.1.1.- Cruceiro de Verducedo



                                
Localización
Encontramos este cruceiro na pista que vén desde Naveda a Teixeda por encima de Verducedo.
Coordenadas UTM:  X: 638.291.99/ Y: 4.769.678,62
Descrición.
Cruceiro construído sobre unha base de prisma cadrangular de granito. O fuste, de sección cadrangular nos extremo inferior e superior e, oitavado no resto do fuste e remata nun capitel troncocónico. A cruz, latina e de tipo florenzada e sen imaxes.
Observacións: 
Cóntase que o cruceiro foi levantado por mor do falecemento dun neno que  o matou un raio. Ricardo G. Polín, non libro; Castro Verde nas crónicas de Rogelio Reigosa, nas notas de D. Rogelio Reigosa, di: “Posterior a todo esto tenemos en los montes de Berducedo, eregido cuango la muerte por un rayo de un hijo de este pueblo, llamado este crucero “Cruz de Valentín” por el nombre del fallecido” (páx. 188)
1.1.2.- Cruz de Cepomundín

Locacalización
Áchase na casa de Genaro de Cepomundín, lugar de Monte Cubeiro (San Cibrao)
Coordenadas UTM:  X: 636.849.96  / Y: 4.770.383.46
Descrición.    
Esta pequena cruz encotrouse nunha parede perto da casa de Genaro e  comentounos, Genaro, que no lugar onde se encontrou enterraban ao nenos non bautizados.
1.1.3. – Cruceiro da Granda

     
                              





Localización
Este cruceiro áchase na pista que sobe desde o lugar do  Barreiro a Cepomundín na parroquia de Monte Cubeiroe (San Cibrao)
 Coordenadas UTM:  X: 636.774,52/ Y: 4.771.015,30
Descrición
Cruceiro construido sobre unha plataforma de cachotería e unha base monolítica de granito con forma de prisma rectangular. O fuste, de sección cadrangular nos extremo inferior e oitavado no resto do fuste e con rebaixes no imoscapo, remata nun capitel moldurado. A cruz, latina e de tipo florenzada e sen imaxes.

Na base figura esta inscrición que é moi díficil ler:
LIÑA 1: EP T ACERCE     - PODE DICIR: ESTE CRUCIERO
LIÑA 2: EL S ?? – JOSE – PODE DICIR: LO HIZO JOSE
Por que dicimos isto?  Porque o de San Cibrao sabemos que o fixo José Ulloa.
Casa canteiro de Santadrao.

1.1.4 Cruceiro e cruces de Montecubeiro (San Cibrao)

   1.1.4. a) Cruceiro de Montecubeiro (San Cibrao)



      

                      

Localización
O cruceiro está situado a entrada do campo que hai na igrexa de  Monte Cubieiro (San Cibrao) As cruces encontranse na parede da igrexa e no pórtico da entrada á mesma.
Coordenadas UTM:  X: 636218,74 /  Y: 4.771.608,69
Descrición
De todo o conxunto o  máis importante e significativo é o cruceiro. Construído no ano 1778, presenta unha orientación NE-SE.  Levantado sobre  dous chanzos de granito sobre a que se levanta unha base monolítica de forma cadrada, onde figura a seguinte inscrición:

Cara SW:
ESTE CRUZIER
O LO HIZO JOSEPH
ULLOA ANO D
1778
Cara NE:
ULLOA VECI
NO D SA
N     ADRA  
Cara SE:
VIVA LA VI
RGEN

Cara NW:
ESTE LO IZO JO
SEPH ULLOA A
SU COSTA Y
DE VOCION

Por riba da base o cruceiro alóngase nun  fuste de sección cadrangular no extremo inferior e oitavado no tramo central, con rebaixes no imoscapo.
Sobre o futste apóiase un capitel, que amosa unha forma troncopiramidal invertida que, está fendido nun extremo.
O cruceiro remata nunha cruz que, mostra sección cuadrangular nas arestas do estremo inferior mentes que non resto das arestas son biseladas. Ademais é de tipo florenzada. O seu anverso está decorado, cunha efixie de Cristo, que presenta os seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os brazos están estendidos ao longo da cruz e as mans están abertas; o perizoma teno para o lado esquerdo;  as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito por riba do esquerdo e ámbolos dous sobre o capitel. O seu reverso está ornamentado cunha imaxe vestida cunha túnica e manto que, amosa as mans en posición de oración.


1.1.4. b) As cruces



Localización
Cruces situadas no pórtico da igrexa e cruz de misión na parede este.
Descrición
 Cruces de madeira sen maior importancia, non sabemos se teñen que ver coa misión da cruz franciscana coa seguinte inscrición:
                                    MUERTE
                                          PP
                INFIERNO  CAPUCHINOS  GLORIA
                              
                                        19-23
                                      JUNIO
                                        1960
                                    
                                       JUICIO
1.1.5.- Cruceiro de As cavozas

Antes de romper

                                  


Localización
O cruceiro das Cavozas encontrábase no cruce de estradas, entre a que sobe  a Montecubeiro (San Cibrao) e a que nos leva a Berlán.
Coordenadas UTM:  X: 635.347.86 /  Y: 4.772.186.22
Actualmente encóntrase desmontado ao pé da casa das Cavozas, moi perto de onde estaba e cuberto de maleza moitas das veces.
Coordenadas UTM: X: 635.340.55 /  Y: 4.772.378.4
Descrición
Cruceiro de base cadrada de granito. O fuste, de sección cadrangular nos extremos e oitavado no tramo central, con rebaixes no imoscapo, remata nun capitel moldurado. A cruz, latina e de tipo florenzada, amosa no seu anverso a efixie de Cristo e, no reverso, a da Virxe. Parece que encima do Cristo amosa unha cartela.
Restauración
En agosto de 2017 estase a restaurar o cruceiro de As Cavozas e descrubimos que na súa base ten inscrición ilexibles. A restauración está a facela Pabo Otero de Tórdea, coa colaboración do concello de Casttroverde.




1.1.6 .- Cruceiro de Maxide





Localización
O cruceiro de Maxide  situado neste lugar entre as Casas de Aurelia e a Casa de Río no chamado Campo de Ares.
Coordenadas UTM:  X: 635.384,05/  Y: 4.773.578,62
Descrición
Cruceiro que descansa sobre dous chanzos de cachotería. Base cúbica granítica con rebaixe perimetral e achaflanada. O fuste, de sección cadrangular nos extremos e oitavado no tramo central, remata nun capitel moldurado. A cruz, latina e de tipo florenzada e non amosa imaxes.
Observacións.
Parece que este cruceiro mandouno construír  o Prior de Meira, Frei  Mantín de Ares.
Inscrición
Sabemos que ten inscricións polas catro caras da base, mais son ilexibles.

1.1.7.- Cruceiro de Cogula




Localización
Leva esta denominación por estar  situado no cruce da pista  que nos leva ao lugar de Cogula e a estrada que vai a Montecubeiro (San Cibrao)  (PR-1204)
Coordenadas UTM:  X: 636.093.78 /  Y: 4.770.240,71
Descrición
Cruceiro levantado sobre  dous chanzos de cachotería. Base granítica en forma de prisma cúbico. O fuste, de sección cadrangular nos extremos e oitavado no tramo central, remata nun capitel moldurado. A cruz, latina e de tipo florenzada e non amosa imaxes.
Observacións.
Inscrición
Na base ten unha isncrición de difícil ou imposible lectura, mais no libro de Ricardo G. Polín; Castro Verde nas crónicas de Rogelio Reigosa, nas notas de D. Rogelio Reigosa, dinos “FUE HECHO POR / JOSÉ SÁNCHEZ / AÑO 1895” (páx. 187).

No citado libro dísenos: “Mencionaremos otro desaparecido en términos de Mouriz, mojón de deslinde de los montes de Montecubeiro y Bolaño” (páx. 188).
Conclusións:
Podemos concluír que, polas descricións de todos os cruceiros, o autor  debeu de ser o mesmo, o tal  JOSEPH ULLOA, veciño do lugar de Santadrao, desta Parroquia de Monte Cubeiro.

1.2.- CRUCEIRO DA PARROQUIA DE PENA (SANTA Mª MADANELA)
         Cruceiro das Veigas de Feás 


Localización
Este cruceiro encóntrase, actualmente, na aira da Casa de Moreira de Pena. Foi trasladado do seu lugar orixinario, das Veigas de Feás, a finais da década de 1970, debido ao roubo dunha das tres imaxes de que constaba. Este cruceiro servía de fito xurisdicional entre as demarcacións de Monte Cubeiro (Castroverde) e Lea  (Pol).
Coordenadas UTM:  X: 635.292.22 /  Y: 4.769.290.05
Descrición
Cruceiro  levantado sobre  dous chanzos de granito sobre a que se levanta unha base monolítica de forma paralelepípeda. Por riba da base o cruceiro alóngase nun  fuste de sección cadrangular nos extremos e oitavado no tramo central. Nunha das caras amosa os instumentos da paixón, que aparecen esculpidos en relevo, mostrando nunha orde descendente: os tres cravos, un martelo ?, unhas tenaces, (non sei se aparece a escaleira, espada…, típicos de todos os cruceiros dos Carboeira) . (Habería que comprobar isto)
Sobre o futste apóiase un capitel,que amosa unha forma troncopiramidal  invertida e está decorado cunhas volutas nos vértices das arestas e cun querubín  en cada unha das catro caras.
O cruceiro remata nunha cruz que, mostra sección cuadrangular nas arestas do estremo inferior mentres que non resto das arestas son biseladas. Ademais é unha cruz de tipo florenzada nos estremos. O seu anverso está decorado, baixo unha cartela, cunha efixie de Cristo, que presenta os seguintes trazos: unha coroa de espiñas na cabeza, que está inclinada ao lado dereito; os brazos están estendidos ao longo da cruz e as mans están abertas; o perizoma para o lado dereito; as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito por riba do esquerdo e ámbolos dous sobre unha caveira. O seu reverso parece que non ten nada e ao lado tiña unha Virxe a outra imaxe que desapareceu.

1.3.- CRUCEIRO DA PARROQUIA DE SERÉS (SAN PEDRO)






Localización
Cruceiro situado á entrada dunha finca no camiño de Valverde que leva á parroquia de Rebordaos,  que sae da estrada (CP 12-08) que comunica as parroquias de Serés e Bolaño , a uns douscentos metros achamos o resto deste cruceiro.
Coordenadas UTM: X: 634089,49/  Y: 4.767.101.62
Descrición
Cruceiro do que a base non se ve. O fuste, de sección cadrangular nos extremos e oitavado no tramo central que, remata nun capitel moldurado. A cruz, como se pode ver, desapareceu.

1.4.- CRUCES DA PARROQUIA DE A MEDA (SANTIAGO)

             1.4.1)
            1.4.2) A MEDA

1.4.1.- LUGAR DE CÓRNEAS

         A) Cruz da capela de (Córneas)

Localización
Coordenadas UTM:  X: 631.433.87 /  Y: 4.769.803.51
Descrición
Pequena cruz situada sobre unha pequena capela pertencente á casa Lodeiro do lugar de Córneas, parroquia de A Meda.
 B)  Cruz do cruceiro





Localización
Situada entre a Meda e o lugar de Córneas, no lugar chamado o Cruceiro
Coordenadas UTM:  X: 630.879.53 /  Y: 4.769.203.52
Descrición
Cruz de base cadrada de pouca altura, coas aristas redondeadas, sobre a que se asenta a cruz. Toda ela é de granito, esbelta e sinxela con dúas inscricións:
Inscrición cara norte:  ALONSO MORÁN  ANO 1766
Inscrición sur:      DE CORNIAS


1.4.2 .-Cruz, Cruces e cruceiro de A Meda

1.4.4.1.- Cruz dos pastizais



Localización
Cruz situado na pista que vai desde a parroquia de A Meda que nos leva aos pastizais. Coñecido como o cruz do Forno, do Couso ou do lobo meigo.
Coordenadas UTM: X: 630.365.93  Y: 4.768.702.43                                                 
Descrición
Cruz de base cadrada de pouca altura, coas aristatas redondeadas, sobre a que se asenta a cruz. Toda ela é de granito, esbelta e sinxela con inscricións:
Cara SW:
 ILEXIBLE
Cara NE:
- E -  SUS MA- -
JESUS MARIA ?
Cara SE:
ANO D
 E  1797
Cara NW:
SEN INSCRICIÓN


1.4.4.2.- Cruceiro perto da casa da “Avellanas” / Abelás ou Abelairas.



 Localización
Situada ao sur este da entidade de A Meda
Coordenadas UTM: X: 629.322.36 Y: 4.769.117.79                                            
Descrición
Cruz de base cadrada de pouca altura, apoiada sobre unha parede,  sobre a base apóiase o fuste  nos extremos cadrado, sendo máis longo o extremo inferior e o resto do fuste coas arestas redondeadas e profundas. Sobre  o fuste dunha especie de capitel e sobre el unha cruz de tipo florenzada nos extremos e cos brazos moi rebaixados e profundos.
Inscrición:  SW:  )OM-ADE/AIO  (DIFÍCIL OU IMPOSIBLE LECTURA)
                           ANO
                            O                        (NO CAPITEL)

1.4.4.3.-  Cruces na igrexa, adro e cemiterio.
a) Cruz misioneira


Localización
Situada na parede do lado Norte -  Noroeste da igrexa
Coordenadas UTM: X: 630.168.35, Y:4.768.770.10
Descrición
Cruz de madeira con rebaixe e nos extremos con remaches???
Inscrición:   
                    SANTA       MISIÓN
                                   
                                   1
                                   9
                                   6
                                   3

               b) Cruz na parede do adro fronte a igrexa.   


Localización
Situada na parede do adro da igrexa fronte á entrada principal
Coordenadas UTM: X: 630.154.15, Y: 4.768.770.10
Descrición
Cruz con fuste cilíndrico de granito e cruz de ferro.
               c) Cruz campo santo

Localización
Situada na parede do adro da igrexa fronte á entrada principal
Coordenadas UTM: X: 630.153.91 , Y: 4.768.748.38
Descrición
Cruz de mármore apoiada sobre o que puido ser un fuste de cruceiro.

1.4.3.- Cruz de Vilafrío 



Localización
Situada no muro ao pé da capela deste lugar, Vilafrío que, pertence á aldea de Francelos, mais queda perto do roteiro Montecubeiro – Barredo e, parece que en épocas perteceu, este lugar, á parroquia de A Meda.
Coordenadas UTM:  X: 631.223.38 /  Y: 4.768.293.46
Descrición
Pequena cruz que suponemos  que puido formar parte dunha máis grande ou mesmo dun cruceiro, porque sobre o muro parece que hai resto dun fuste. 


1.5.- CRUCEIRO E CRUCES PARROQUIA DE BARREDO (SATO. ANDRÉ)
1.5.1.- Cruceiro casa Mari Pepa de Barredo


Localización
Situada ao pé da casa de Marí Pepa. Situado sobre un pozo que foi tapiado.
Coordenadas UTM: X: 629.492.56    Y: 4.765.808.14                                        
Descrición
Cruz de base granítica cadrada  rebaixada na parte superior, sobre ela un pequeno fuste casdrado nos extremos e oitavado no centro, rematado nun capitel prismático sobre o que se asenta a cruz con rebaixes.

1.5.2.- Cruces no muro do adro da igrexa de Barredo

Cruces 1 e 2

                                        Cruz 3
 Localización
Tres cruces, dúas na entrada ao adro da igrexa e unha terceira no muro traseiro.
1 Coordenadas UTM: X:  629.437.20   Y: 4.765.779,72        
2 Coordenadas UTM: X: 629.435.87 Y: 4.765.777.77
3 Coordenadas UTM: X: 629.461.01 Y: 4.765.756.49
Descrición

 Pequenas cruces sobre o muro do adro da igrexa parroquial, asentadas sobre unha base cadrada,  que lembran a existencia dun viacruce. A cruz nº 3 está asentada nun capitel de construción recente.

1.5.3.-  Cruz da Pena Redonda



Localización
Curz situada enrriba da pena de Pena Redonda.
Coordenadas UTM: X: 628.627.90 Y: 4.766. 378.94
Descrición
Pequena cruz asentada directamente sobre a pena que lembra a feitura das anteriores. O que nos confirma como se fose un calvario ou viacruce.

No hay comentarios:

Publicar un comentario