viernes, 28 de noviembre de 2014

III.- CRUCES E CRUCEIROS DO CONCELLO DE CASTRO VERDE_VAL DO RÍO TÓRDEA

CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DO CONCELLO   DE CASTROVERDE (III)

                    








Localización
  Estes  petos están situados na parede do adro da igrexa de Uriz.
Coordenadas UTM: X: 635.4591.49/ Y: 4.759.610.85 
Descrición.
    O da esquerda consta de dous corpos: o primeiro formado por dous piares unidos por un arco carpanel apainelado y deprimido, que sostén unha cornisa granítica. No seu interior non hai ningunha imaxe, conservando únicamente a reixa.

    O da dereita, aberto por ámbas as dúas partes, está formado por dúas columnas de cantería unidas por un arco escarzano, que se prolonga de cara ao interior xuntamente coas estruturas de cantería, que reforzan ás columnas de ámblos dous lados.

2.2.- PEQUENA CRUZ PARROQUIA DE CELLÁN DE MOSTEIRO
         (SAN PEDRO)



Localización
   Coordenadas UTM: X: 636.716.26, Y: 4.761.167.33
Descrición                                                    

  Pequena cruz latina, situada encima do dintel do adro da igrexa.


2.3.- CRUCEIROS, CRUCES E PETO DE ÁNIMAS PARROQUIA DE A
         PUMAREGA (SANTA MARIÑA)
2.3.1.- Peto de ánimas e cruces 




Localización
  Peto de ánimas e pequenas cruces latinas situados no muro da entrada ao adro da igrexa e cemiterio de A Pumarega. Todos a carón da estrada (CP 12-01)
   Coordenadas UTM: X: 637.061.76/ Y: 4.760.676.12 
Descrición.
    Trátase dun pequeno corpo poliedrico rectangular, que posúe unha pequena cuberta a dúas augas. No seu interior non hai ninguna imaxe, conservando só a reixa..

     Ao seu carón, no muro de separación do adro do exterior, hai dúas cruces pequenas, latinas, que se apoian sobre bases paralelepípedas, que amosan algunhas irregularidades.

2.3.2.- Cruceiros
2.3.2.1. Cruceiro 1



Localización
   Cruceiro este, xunto cos outros dous, situados ao pé da estrada (CP 12-01) que, comunica o Empalme (Estrada Lugo – A Fonsagrada) con Sobrado, na marxe esquerda despois da igrexa de A Pumarega e separados entre si, a poucos metros, uns dos outros.
Coordenadas UTM: X: 637. 070.95 , Y: 4.760.643.44
Descrición

      Sobre unha base paralelepípeda, o fuste de sección cuadrangular sobre o que se ergue un capitel  que amosa un ábaco, un filete e un colariño. Cruz latina co eixo transversal máis longo que o vertical de sección oitavada.

2.3.2.2. Cruceiro 2


Localización
   Coordenadas UTM: X: 637.074.38 , Y: 4.760.592.29
Descrición

   Da base,  de forma paralelepípeda cos bordos (arestas) superiores redondeados. Fuste rematado no extremo superior en forma cadrada, Fuste de estrutura prismática cuadrangular sobre o que se ergue un capitel, que mostra un ábaco, un filete e un colariño. Remata nunha cruz de sección oitavada.
2.3.2.3. Cruceiro 3


Localización
  Coordenadas UTM: X: 637.091.48 , Y: 4.760.546.63
Descrición

     Sobre unha plataforma, que amosa un chanzo de estrutura paralelepípeda irregular, erguese unha base de dous tramos: o inferior paralelepípedo e o superior troncopiramidal. Sobre a base levantase un fuste biselado no extremo inferior, que é o qe conserva. Carece de capitel e cruz.

2.3.2.4. Cruceiro do Feirobal



Localización
  Cruceiro situado dentro da finca da casa do Feirobal.
Coordenadas UTM: X: 637.176.03 , Y: 4.760.803.53
Descrición

   Sobre unha estrutura irregular de cemento, érguese unha base con dous tramos: o inferior de estrutura paralelepípeda e o superior cunha moldura en nacela invertida. Logo, o fuste de sección cuadrangular no extremo inferior e oitavado no resto. O capitel amosa un ábaco sobre unha estrutura paralelepípeda, que presenta unhas acanaladuras de forma triangular no tramo central. A cruz mostra unha sección cuadrangular nos seus extremos e oitavada no resto. Os extremos externos da cruz son potenzados. 

2.4.- CRUCEIROS PARROQUIA DE BARREIROS (SAN COSME)
         (Limítrofe coa Pumarega)

2.4.1. Cruceiro camiño do Camiño dos Arrieiros 1

                           
Localización
  Situado ao pé do camiño entre o Albardeiro e O Feirobal – A Pumarega e antes do Cruce da Queimadiña.
Coordenadas UTM: X: 638.305.72, Y: 4.761.702.62
Descrición

        Plataforma dun chanzo medio soterrada que sustenta a unha base. Sobre esta levántase un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto e sobre el levántase un capitel de moldurado. Amosa un ábaco sobre unha pequena moldura en caveto. cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e biselada no resto. Os extremos da cruz amosan forma florenzada.

2.4.2. Cruceiro do cruce de A Queimadiña ao pé do Camiño dos Arrieiros 2


2.4.2. Cruceiro do cruce de A Queimadiña ao pé do Camiño dos Arrieiros 2
                                             
Localización
   No cruce de camiños entre o Albardeiro e O Feirobal – A Pumarega e San Cosme de Barreiros e Marrondo, perto do lugar chamado A Queimadiña.
Coordenadas UTM: X: 638.110.24, Y: 4.761.612.47
Descrición
    Plataforma de dous chanzos, un deles,  medio soterrado que sustenta a unha base paralelepípeda con algunhas acanaladuras externas. Sobre esta se levanta un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Logo, nesta orde ascendente, hai un capitel de forma troncopiramidal invertido; e, como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os seus remates son florenzados.
Inscrición
Sabemos que ten inscricións no eixo vertical e horizontal da cruz, mais de imposible lectura, só percivimos no eixo horizontal dereito a data de 1900?
Conclusións
Parece claro que estes cruceiros da Pumarega, xunto coas cruces da entrada á igrexa que hai sobre o muro do adro e, o cruceiro do Feirobal puidesen ter formado, todos eles, parte dun antigo Viacrucis.

Todos eles gardan certas semellanzas na cosntrución, aínda que todos diferentes.

2.5.- CRUCEIRO DE PEREIRAMÁ (SAN XULIÁN)



Localización
Cruceiro situado a carón da igrexa no cruce de camiños:
Coordenada X: 635.778.12 m.
Coordenada Y: 4.762.758.72 m.
Descrición

    Plataforma de tres chanzos, mal conservados y deteriorados. Unha base paralelepípeda cun nivel superior máis amplo que o resto. Un fuste de sección cuadrangular nos seus extremos e oitavado no resto. Un capitel de forma troncopiramidal invertida, que posue un equino sobre unha moldura en caveto. Unha cruz latina, de sección cadrangular nos extremos e biselada no resto. Os extremos da cruz son redondeados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario