1.- CRUCEIRO DE REBORDAOS (SAN XURXO)
Localización
Encontramos este cruceiro nun valado do
cruce de Camiños que veñen, un de Fontao e o outro de Serés.
Coordenadas UTM: X: 634.299.40 / Y: 4.766.264.29
Descrición.
Cruceiro construído sobre unha base asentado no valado. O
fuste, de sección cadrangular nos extremo inferior e superior e, oitavado no
resto do fuste e remata nun sinxelo capitel e sobre el a cruz.
Observacións:
Cruceiro moi simple e moi desgastado.
2.- CRUCEIRO
E CRUCES PARROQUIA DE BARREDO
(SAN XOÁN DE FRANCELOS)
LUGAR DE CASTEDO
LUGAR DE CASTEDO
2.1.- Cruz de Castedo
Localización
Cruz situada no muro da casa de Manuel
de Baixo de Castedo.
Coordenadas
UTM: X: 632.377.09/ Y: 4.766.496.08
Descrición
Cruz cadrada coas arestas redondeadas,
cun longo fuste que na parte inferior ten unha iscrición ilexible. Fai pensar
que debeu formar parte dun antigo cruceiro.
Observacións
Esta cruz estivo situada sobre unha pena
que había enfrente da casa de Baixo. A póla dun castiñeiro rompeu o que debeur
ser un cruceiro e posteriormente foi colocado no muro da casa.
2.2.-Cruceiro da casa de Coruxo de Castedo
2.2.-Cruceiro da casa de Coruxo de Castedo
Localización
Cruceiro situado
dentro da aira da casa do Curuxo de Castedo
Coordenadas
UTM: X: 632.386.09/ Y: 4.766.494.03
Descrición
Plataforma dun chanzo de granito. Por
riba un plinto que amosa dous corpos:
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura rebaixada)
O primeiro, de máis anchura, consta de dous filetes unidos por unha moldura cóncava-convexa (cima reversa invertida), un toro (moldura rebaixada)
O segundo está formado por unha estrutura
prismática cadrangular, similar á da base.
Fuste cilíndrico, con colariño nos
extremos.
Capitel cadrado con estrias. Un colariño
separa o capitel do fuste
Finalmente unha cruz grega, con estrías
nos brazos orizontais e vertical.
Observacións
Este cruceiro foi
construído a comenzos do século XXI.
2.3.-Cruceiro
das Peniñas Brancas
Localización
Cruceiro situado perto da estrada local
(CP 12-08) que, nos conduce ao lugar de Castedo, no monte que leva o nome de
Peniñas Brancas.
Coordenadas
UTM: X: 631587.01/ Y: 4.765.558.98
Descrición
Cruceiro asentado sobre a rocha, con
fuste cadrado nos extremos, sendo a parte inferior máis grande e oitavado ou
octaédrico na parte central. Sobre o fuste tiña o capitel troncocónico ou piramidal
invertido que hoxe está roto ao seu carón, e sobre el a cruz, igualmente rota.
Observacións
Este cruceiro rompeuno un piñeiro cando
se tirou un piñeiral que se encontraba ao seu carón.
2.4.- CRUCEIROS DE FRANCELOS (SAN XOÁN)
2.4.1-
Cruceiro do adro da igrexa de Francelos.
Localización
Cruceiro situado a carón da porta do
camposanto, no adro da igrexa de Francelos.
Coordenadas
UTM: X: 631.167.05/ Y: 4.766.636.96
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base cadrada
coas arestas redondeadas. Da base sae un fuste cadrado nos extremos, sendo a
parte inferior máis grande e oitavado ou octaédrico na parte central. Sobre o
fuste un capitel troncocónico ou piramidal invertido con estrías e, sobre el unha cruz florenzada.
Observación
Este cruceiro pensamos que ten a mesma
ou similar composición có das Peniñas Brancas.
2.4.2.-
Cruz a carón da casa rectoral de Francelos.
Localización
Cruz situada a carón da casa rectoral de
Francelos
Coordenadas
UTM: X: 630.969.87/ Y: 4.766.495.43
Descrición
Cruz asentada sobre unha base cadrada e
sobre ela unha cruz de sección cadrada, cun resctángulo na parte inferior
e no resto coas arestas rebaixadas, toda
ela forma un bloque, cos símbolos de Cristo, a cruz e a inscrición Pez no tamo
central.
2.4.3.-
Cruceiro a carón da casa rectoral de Francelos
Localización
Cruceiro situado a carón da casa
rectoral de Francelos.
Coordenadas
UTM: X: 630.971.18/ Y: 4.766.495.74
Descrición
Cruceiro asentado sobre unha base cadrada
e sobre ela unha cruz de sección cadrada, na parte inferior, con dous corpos e
o resto do fuste octoédrico, rematado en sección cadrada na parte superior.
Sobre o fuste un capitel troncocónico con estrías e sobre o capitel unha cruz
florenzada.
Observación
Esta cruz e o cruceiro situados a carón da casa
rectoral, parecen de construción
recente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario